A revista norteamericana Absinthe achegará autores da nosa literatura aos seus lectores

Portada da revista Absinthe

Abrirse ao mundo e conquistar novos públicos ese é quizais o principal reto dunha literatura tan vizosa como a galega. A revista literaria Absinthe vai poñer o seu granciño de area para esta tarefa. Segundo anunciou a publicación norteamericana, no seu próximo número recollerá textos de catro autores nados na década dos 50 e 60: Xabier Cordal, Antón Lopo, Anxo Rei Ballesteros e Manuel Rivas.

A revista impresa, editada en Farmington Hills (Michigan) achégase á literatura galega no seu número 18. A publicación, tal e como explican, está especializada “nos mellores escritores europeos contemporáneos” e inclúen nas súas páxinas traballos de prosa, poesía, ensayos, entrevistas e fotos de autor. O seu editor, Dwayne David Hayes, ten dito que creou a revista debido a que é un lector apaixonado de literatura europea e que pretenden contribuir a dala a coñecer entre os lectores de fala inglesa

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*