Novas colaboracións para a opinión de Letra en Obras

Para este segundo semestre do ano 2012 Letra en Obras non só pretende afianzar a inmensa maioría do seu plantel de colaboradores habituais, senón que incorpora novas voces a este foro sen cancelas que organizamos entre todos no zócalo das letras, ainda das que están debuxadas en mapa de bits. Así, para o novo semestre incorporanse voces coñecidas de vello nesta casa por ter participado no proxecto das 17 letras sen día, como é o caso de Samuel L. París ou Celia Parra, xunto a outras voces que veñen facendo sitio con ímpetu, como é o caso de Alba Cid ou Elba Becerra e outras máis consagradas como pode ser a de Marcelino Fernández Mallo.

Continua a leria e, coma sempre, seguimos abertos a recibir as vosas achegas, tamén no eido das opinións pois neste proxecto nunca sobra ninguén.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*