Lugo aposta pola arte de contar

Programa do obradoiro (picar na imaxe para ampliar

O Concello de Lugo, en colaboración coa AELG, anunciou recentemente a creación dunha escola de narración oral que botará a andar o vindeiro 25 de setembro, e para a que fica aberto o prazo de inscrición ata o 15 dese mesmo mes, no rexistro xeral do edificio do Concello. A iniciativa nace, en palabras do concelleiro de cultura Antón Bao, “coa intención de recuperar a tradición da oralidade e fantasía da narrativa popular galega e render homenaxe aos grandes narradores da nosa literatura, seguindo o seu ronsel”.

A iniciativa será impartida polo coordinador da sección de literatura oral da AELG, Antonio Reigosa, e o escritor lugués Isidro novo. As actividades realizaranse todos os martes entre o 25 de setembro e o 18 de novembro, en horario de 18.00 a 20.00 horas, e terán lugar no Centro Social Uxío Novoneyra.

Os contidos que a tratar serán “a comunicación oral”, “as linguaxes non verbais”, “a lingua oral”, “os xéneros orais”, “a cultura tradicional e a oralidade”, “as novas formas de cultura e a comunicación oral: rap e outros xéneros de improvisación”, “o discurso oral”, “a memoria, historia e fonte oral”, “as historias de vida”, “a destreza oral”, “a literatura oral: xéneros”, “a lectura en voz alta”, “as lecturas colectivas e “as palabras con memoria”.

1 Comentario

  1. Todo ben, pero case mellor que quitaran o rap. Moitos fixeron o ridículo cantando en falsete por imitar a Mick Jagger no seu día, e hoxe hai xente que o fai co rap porque disque mola.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*