Lisboa ensaia como vender libros sen libreiros

Unha pequena editorial lisboeta que vén de nacer, Limão Edições está a ensaiar este mes de xuño un novo xeito de vender libros. A obra Sardinha, unha homenaxe en forma de texto (en portugués e inglés) e fermosas imaxes a este peixe, só poderá mercarse nas rúas e na rede. Dende a editorial defenden que a tradición manda asar e comer as sardiñas en lugares abertos e públicos e por iso mesmo ensaian este novo modelo.

O traballo, de 64 páxinas, leva a sinatura dos fotógrafos Luís Silva Campos e Pedro Loureiro e os textos do escritor Ricardo J Rodrigues. Durante todo este mes de xuño, a editorial ten previsto vender o libro nas rúas de Lisboa e ter presenza nos principais eventos lúdicos que teñan lugar na capital lisboeta. A obra Sardinha tamén pode adqurirse na rede por un prezo de 12,77 euros.

Pero máis aló da simple novidade, Sardinha reabre o debate no país veciño sobre se é posible vender libros prescindindo do que ata o de agora era unha figura chave: a do libreiro.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*