Homenaxe Nacional a Agustín Fernández Paz

Fernández Paz

Dende os anos 90 foron milleiros os rapaces e rapazas galegas que se achegaron á literatura na nosa lingua da man de Fernández Paz. O escritor vilalbés, seguramente a voz máis poderosa da literatura infantil e xuvenil, vai ter o vindeiro día 30 deste de mes de xuño unha merecida Homenaxe Nacional en agradecemento ao seu labor como escritor. A plataforma cidadá Prolingua ultima un acto que terá lugar, ás 12.30 horas, no Auditorio do Centro Social Novacaixagalica (Vigo). Posteriormente  hai programado un xantar (ás 15 horas) no Restaurante Carrís de Vigo (Avenida Beiramar, 57).

Aos seus 65 anos de idade, Fernández Paz, que comezou a publicar xa na madurez, ten unha prolífica obra literaria que conta co aplauso tanto dos lectores coma da crítica. As súas obras, das máis vendidas nos últimos anos no noso país, traspasaron fronteiras e conquistaron a nenos e mozos doutros lugares do planeta. Proba disto é que é un dos autores galegos vivos máis traducidos a outras linguas. Mais tamén logrou un gran recoñecemento nas súa incursión na chamada literatura para adultos coa novela Non hai noite tan longa (2011)

Todos os interesados en inscribirse na comida de homenaxe (haberá sitio para 250 comensais que terán que aboar 40 euros) poden facelo no seguinte correo: homenaxeagustin@gmail.com. O ingreso económico deberá facerse nunha conta de Novagalicia Banco (número 2080 0220 94 3000030913) facendo constar que é para a “Homenaxe a Fernández Paz”.

Para saber máis de Agustín Fernández Paz:

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*