Case corenta anos despois, Otero Pedrayo volverá á lista de novidades

A literatura ten estas cousas: 36 anos despois do pasamento dun autor, os investigadores poden atopar orixinais inéditos. Así vén de pasar en Vigo onde persoal da Fundación Penzol, coordenado polo profesor Manuel Forcadela, atopou entre os arquivos persoais de Ramón Otero Pedrayo varios capítulos da obra Novela de Pedro Madruga e 1.400 versos que levan por título Xeórxicas do pan. Practicamente canda a nova, a Editorial Galaxia anunciou a súa intención de publicar este mesmo ano esta poesía inédita. Volverá así un dos autores galegos máis grandes do século XX ao apartado de novidades das librarías do país.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*