Seis días de festa dos libros na Alameda de Ourense

Alameda de Ourense

Dende este venres, día 1 de xuño, e ata o vindeiro mércores, día 6 de xuño, Ourense albergará a súa XXVIII Feira do Libro. Un total de dez librarías estarán de 11 a 14 horas e de 18.30 a 22 horas atendendo aos lectores que queiran achegarse a ver as novidades editoriais, que terán un desconto dun 10% no prezo. O pregoeiro nesta ocasión será o escritor Xavier P. Docampo. Para todos os que esteades interesados en achegarvos ata o corazón da capital auriense, deixámosvos o programa que nos fai chegar a organización do evento:

Día 1. Venres

11.00 Apertura da feira do libro.

18.30 Actividades infantís. O extraterrestre Pupi, célebre personaxe infantil dos libros da Editorial S.M. e da televisión, acompañaranos na feira.

20.00 Inauguración oficial.

Actuación da Banda Municipal de Música de Ourense.

Pregón inaugural a cargo do escritor Xavier Puente DoCampo.

21.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 2. Sábado

12.00 Actividades infantís coa presenza de Pupi, patrocinada pola editorial S.M.

18.30 Actividades infantís.

20.00 Presentación do libro Todo sobre nutrición, do naturópata Benito Gallego Blanco, publicado por Alfaomega. O autor asinará exemplares do seu libro ao remate do acto.

21:00 Charla presentación de Doblando las mates. Proyecto con papiroflexia de toda una tribu, de Miguel A. Vidal Martín, (Auga Editora). Xunto co autor, participarán o ilustrador do libro, Luís C. Alonso Villar, o vicepresidente do Ateneo, Pablo González Prieto, o catedrático de Xeoloxía do campus de Vigo, José Ramón Seara e un representante da editorial.

21.45 Sorteo dun lote de libros

Día 3. Domingo

12:00 Pupi na feira do libro. O noso amigo azul xogará cos nenos, nunha colaboración da editorial S.M.

12.30 Presentación da colección Cociña infantil e familiar, da editorial Ouvirmos, cos seguintes cursos de cociña para nenos:

Mañá, de 12.30 a 14.00 horas; e Tarde: de 18.30 a 20.00 horas.

19.30 O escritor Bieito Iglesias presenta o seu libro Contos da terra da tarde, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Outeiriño

20.15 Presentación do libro Globalización e imperialismo cultural, de Manuel Outeiriño, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participará no acto Bieito Iglesias.

21.00 Charla presentación do libro Vine, vi y … hablé! Las mujeres frente al discurso público, de María Xosé Porteiro (Auga Editora). Xunto coa autora, participarán no acto Laura Seara, deputada do PSOE e un representante da editorial.

21.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 4. Luns

18.30 Actividades infantís.

19.00 Presentación do libro Medievalario, de Fran Zabaleta, publicado por Redelibros.

20.00 Presentación do libro Mi padre comía botones, de Juan Sacha Full, publicado por Redelibros.

20:30 O escritor Francisco Narla asinará exemplares do seu libro Assur, publicado pola editorial Temas de Hoy.

21.00 Segredos da novela histórica. Mesa redonda coa participación de Marcos Calveiro (Settecento. Ed. Xerais), Pere Tobaruela (Poñente. Ed. Xerais) e Fran Zabaleta (Medievalario. Redelibros)

21.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 5. Martes

18.30 Hoxe acompáñanos Caillou, célebre personaxe dos libros infantís da editorial Everest.

21.00 Presentación do libro gañador do XXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense, Calado testamento, de Xavier Rodríguez Barrio, publicado por Edicións Espiral Maior. Participarán non acto a concelleira de Cultura, Isabel Pérez González, o editor do libro, Miguel Anxo Fernán Vello e o autor.

21.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 6. Mércores

18.30 Caillou na feira para xogar cos nenos, coa colaboración da editorial Everest.

19.00 Clausura oficial da Feira polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad.

20.00 O escritor Miguel Anxo Fernández asinará exemplares das súas obras, publicadas por Editorial Galaxia.

21.00 Enogastrofonías Ferreirianas. Espectáculo deseñado por Arraianos. Percorrido pola obra de Celso Emilio Ferreiro a través da poesía, da música e o viño do Ribeiro, maridado con minigaleguesas. Presentación do monográfico da Revista Arraianos Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos. Cociña en directo e degustación, previa inscrición. Participan Aser Álvarez (poesía), Alexandre Meire (música) e Mario Poti (cociña).

21.45 Sorteo dun lote de libros.

22.00 Peche da Feira do Libro

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*