Os libros toman seis días a Praza Maior de Lugo

Entre o 15 e o 20 de maio a capital luguesa acolle a súa XXX Feira do Libro. Todos os días laborais, de 12 a 14 horas e de 17.30 a 21 e fin de semana e festivos de 12-14.30 e de 17.30 a 21 horas, os libros serán os protagonistas na Praza Maior, corazón desta cidade.

Representantes institucionais na presentación das actividades que terá a feira

Como pasou na feira de Santiago que se celebrou recentemente, o número de casetas é inferior ao doutras citas. Aínda así, haberá os seguintes puntos de exposición ao público: Libraría Trama (Lugo); Gran Enciclopedia Galega; Librería Cartabón (Vigo); Libraría Tanxencias Cómic; Deputación Provincial; Biblioteca Pública; Libraría Souto (Lugo); Libraría El Faro de los Tres Mundos (Lugo); Librería La Voz de la Verdad (Lugo); 7 Mares Libros e Librería Aguirre (Lugo).

A comisión técnica estará conformada por Zurzo Patiño Pérez e Antonio Fernández Maira. A dirección da Feira do Libro recae nesta ocasión en Ana Isabel López Fandiño. Deixámosvos aquí o programa de actividades:

Día 15. Martes

11.30 Apertura da feira do libro.

18.30 Concerto dos alumnos da Escola Profesional de Música de Fingoi.

19.45 Inauguración oficial.

Actuación dos alumnos de gaita e percusión de Tradescola

Pregón inaugural a cargo do escritor lucense Antonio Reigosa

Nova actuación dos alumnos de Tradescola.

20.45 Sorteo dun lote de libros.

 

Día 16. Mércores

18.00 Espectáculo a cargo das alumnas de grao profesional de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza.

18.30 Concerto dos alumnos da Escola Profesional de Música Cantarela de GALÉN.

19.00 Valentín Paz Andrade na feira de Lugo. Lectura de textos do autor a cargo de Marina Cillero, a escritora e profesora universitaria Carmen Blanco, a directora do Museo Provincial, Amelia Balseiro, e a xornalista radiofónica Tonina Gay. O acto estará coordinado por Ángeles Fernández Maira, xornalista de El Progreso.

20.00 Combo de jazz do Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

20.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 17. Xoves

12.30 Presentación dos libros de contos A comer, de Cristina F., cun obradoiro de letras galegas con masa de pan, para nenos de 3 a 10 anos.

18.00 Concerto dos alumnos da Escola de Música Aulos.

19.00 Presentación dos libros Os fillos do mar, de Pedro Feijóo e O misterioso Doutor Saa, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán, publicados por Edicións Xerais. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado Rodríguez, director xeral da editorial. Ao remate da presentación, os escritores asinarán exemplares dos seus libros.

20.30 Actuación da banda de grao elemental do Conservatorio Profesional de Música de Lugo

20.45 Sorteo dun lote de libros.

 

Día 18. Venres

18.00 Concerto dos alumnos do Centro de Estudos Musicais Rossini.

19.00 A escritora María Luisa Prado Sarasúa asinará exemplares do libro La sombra del ámbar, publicado por KRK Ediciones.

20.00 Presentación do libro Hotel Cidade Sur, de Xerardo Quintiá, publicado por Editorial Galaxia.

20.45 Sorteo dun lote de libros.

 

Día 19. Sábado

12.00 Gerónimo Stillton, o máis famoso rato detective da literatura infantil, estará na feira do libro de Lugo para asinar exemplares dos seus libros, publicados pola editorial Planeta.

13.00 Aprende a xogar ao milenario xogo do TANGRAM CHINO. Obradoiro realizado pola libraría El Faro de los Tres Mundos.

18.00 Concerto dos alumnos da escola de música Fábrica de Sons, de Lugo.

19.00 Presentación dos libros Medievalario, de Fran Zabaleta, e Mi padre comía botones, de Javier Sacha Full, editado por Redelibros. Participarán no acto os autores e un representante da editorial.

20.00 Segredos da novela histórica. Charla coloquio de autores de novela histórica, coa participación de Xosé Miranda (autor de Morning Star, Ed. Xerais) e Fran Zabaleta (autor de Medievalario, Redelibros).

20.45 Sorteo dun lote de libros.

 

Día 20. Domingo

12.30 Presentación da colección Cociña infantil e familiar, da editorial Ouvirmos, cos seguintes cursos de cociña para nenos:

Mañá, de 12.30 a 14.00 horas. Tarde: de 17.30 a 19 horas.

20.45 Sorteo dun lote de libros

21.00 Peche da Feira do Libro.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*