Este sábado tivo lugar unha das principais citas literarias do país: a chamada Cea das Letras que organiza a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG). No transcurso da mesma déronse a coñecer os Premios AELG 2012, que distinguen as mellores obras publicadas ao longo do ano pasado.
Premio de Narrativa:

-Gañador: Antón Riveiro Coello, pola súa novela Laura no deserto.
-Finalistas: Xavier Queipo (Extramunde) e Agustín Fernández Paz (Non hai noite tan longa)
Premio de Poesía:
-Gañadora: Pilar Pallarés (Leopardo son)
-Finalistas: Estevo Creus (balea2) e Andrea Nunes Brións(Todas as mulleres que fun)
Premio Literatura Infantil e Xuvenil

-Gañador: Agustín Fernández Paz (Fantasmas de luz)
-Finalistas: Marica Campo (Noutra dimensión) e Fran Alonso (O meu gato é poeta)
Premio a Texto Teatral
-Gañador: Raúl Dans (Chegamos despois a unha terra gris)
-Finalistas: Manuel Guede (A función do tequila) e Inácio Vilariño (Fábula galénica)
Premio Ensaio
-Gañadora: Mercedes Queixas Zas (Vivir, unha aventura irrepetible: Unha biografía de María do Carme Kruckemberg)
-Finalistas: Francisco Rodríguez (Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria) e Carlos Callón (Como defenderes os teus dereitos lingüísticos)
Premio á Mellor Tradución
– Gañador: Ramón Gutiérrez Izquierdo (Sonetos de Shakespeare)
– Finalistas: Darío X. Cabana (Os trobadores de Occitania) e Lucía Caeiro (Versos Escollidos de w. Szymborska)
Premio ao Mellor Traballo de Xornalismo Literario

Gañador: Bieito Iglesias
Finalistas: Anxo Tarrío, Iago Martínez, Ramón Chao e Santiago Jaureguizar.
Premio ao Mellor Blog Literario
Gañador: Miro Villar (polo seu blog As Crebas)
Finalistas: Ramón Nicolás (Caderno da Crítica) e Armando Requeixo (Criticalia)
A asociación de escritores tamén fixo unha mención especial aos equipos de normalización e concedeulle o Premio Internacional da AELG ao escritor José Luís Sampedro, ao que o invisten como “Escritor Galego Universal”
A AELG agrupa a máis de 400 escritores e escritoras que teñen algún libro individual publicado en lingua galega. Todos eles teñen dereito a emitir o seu voto nos premios anuais.
[…] (en negra) e os finalistas, unha información que tamén podedes ler en medios de nós coma letraenobras, mundogaliza, prazapública ou […]
[…] non pasou un ano da estrea deste espazo virtual, a Asociación de Escritores en Lingua Galega vén de distinguilo como o mellor blogue literario do país. Contactamos co que para moitos é un dos mellores poetas […]
[…] non pasou un ano da estrea deste espazo virtual, a Asociación de Escritores en Lingua Galega vén de distinguilo como o mellor blogue literario do país. Contactamos co que para moitos é un dos mellores poetas […]