Mingúan as axudas públicas para traducións literarias

Versión en francés dun libro de Manuel Rivas

Esta semana o Diario Oficial de Galicia fixo públicas as bases para que as editoras poidan acollerse ás axudas para a tradución. Os recortes no gasto público tamén se fixeron patentes nesta convocatoria. Se en 2011 a Xunta destinaba 200.000 euros para traducir obras literarias, en 2012 a cantidade fixada é de 168.000. As subvencións administrativas están pensadas para favorecer a edición noutras linguas de obras literarias galegas e tamén para que o público autóctono poida coñecer na lingua propia creacións que se están a facer fóra.

As axudas están destinadas a empresas editoras e divídense en dúas. Por un lado está a tradución de obras en galego a outras linguas. Así establécese unha axuda de entre 20 e 30 euros por páxina para a tradución a idiomas da Península Ibérica e de entre 25 e 50 por páxina para versións a outras linguas. En todo caso, a axuda non deberá de sobrepasar os 6.000 euros.

Na segunda modalidade, destinada á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, a axuda consiste no pagamento dunha porcentaxe da traducion, que oscilará entre o 50 e o 75%, sen superar en ningún caso os 6.000 euros

Convocatoria no DOG (03-05-2012)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*