Cataluña dedicará o ano 2013 a Salvador Espriu

Salvador Espriu

O goberno catalán decidiu dedicar o vindeiro ano 2013 á memoria do poeta Salvador Espriu.
A Generalitat conmemorará o centenario do nacemento do autor con múltiples conferencias, exposicións e proxectos editoriais que servirán para divulgar a vida e obra dun dos máis importantes autores en lingua catalana do século XX.

Espriu (1913-1985) foi tamén un lector de literatura en galego. Unha proba do seu interese polas nosas letras témolo no número 2 da revista “Indesinenter” (2007), unha publicación  anual dedicada ao estudo do poeta catalán. Na mesma reprodúcense epistolarios ata daquela inéditos entre Espriu, Basilio Losada, Alonso Montero e Xosé Lois García. Polos mesmos sabemos que seguía con atención as novidades literarias galegas. Na súa biblioteca particular non faltaban, entre outras, obras de autores como Manuel María, Celso Emilio Ferreiro ou mesmo do grupo Rompente.

Deixámosvos algunhas ligazóns de interese sobre a vida e obra de Salvador Espriu:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*