Sant Jordi, xornada laboral, xente na rúa e nas librarías. Habería que repensar o Día das Letras?

Os chamados Países Cataláns volveron celebrar esta semana o día grande dos seus libros: o Sant Jordi. En Cataluña, pero tamén nas Illas Baleares e Valencia, centos de milleiros de persoas volveron a protagonizar a tradición de agasallar libros e rosas. O Sant Jordi conseguiu converterse nun día moi especial no que se homenaxea o libro pero tamén por extensión a toda a cultura propia catalana.

Os números que manexa o gremio de libreiros falan por eles mesmos. Durante este Sant Jordi a facturación do sector foi de 18,3 millóns de euros, un 8% máis que no ano anterior, cando a xornada cadrara en día non laborable. Os libreiros fixeron pública unha nota na que mostraban a súa satisfacción por uns resultados tan bos “tendo en conta o contexto de profunda recesión económica”.

Día das Letras: moita festa, poucos libros
No noso país festexamos o Día das Letras dende hai perto de medio século (1963). A pesar de que a efeméride está moi consolidada e a xornada serviu para visibilizar as letras propias, dende hai anos persiste o debate sobre a necesidade de reiventar esta celebración.

En 1991 o goberno autonómico presidido por Manuel Fraga institucionalizou por vez primeira o Día das Letras como festivo. Para moitos profesionais que traballan no sector do libro, esta decisión foi contraproducente xa que se dá o paradoxo de que as librarías estean pechadas ao non ser laborable.

Para saber algo máis do Sant Jordi deixámosche algunhas ligazóns:

Diada de Sant Jordi (Viquipédia)
Páxina da Generalitat de Catalunya con recursos sobre este día
Breve vídeo de EFE sobre o Sant Jordi 2012

2 Comentarios

  1. O libro galego o que precisa é novas ideas para chegar ao público. Hai que saír a pescar lectores e iso faise con bo produto (obras de calidade) e mellores vendedores (editoriás, librerias…) E darlle moitas voltas á cabesiña para enganchar á xente nova.

  2. O que eu xa non sei e cantos dos libros que se venden no Sant Jordi son lidos ó cabo. Porque o libro é o típico agasallo que máis dunha vez devén en ornamento. Tamén o galego, por se pensaban o contrario.
    Se do que se trata é diso, de vender, leva razón Laura: mercadotecnia. E se se trata de que ademais se lea, pois tamén a leva: menos pose erudita, menos corrección política e máis impacto, máis “iso”.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*