Finou Xaime Isla Couto, un dos fundadores de Galaxia

Isla Couto

Este mércores finou en Vigo, aos 96 anos de idade, Xaime Isla Couto, un dos fundadores da histórica Editorial Galaxia. Home polifacético destacou como ensaísta, avogado, economista e sobre todo como un gran activista a prol da cultura galega. Na actualidade ocupaba a Presidencia de Honra de Galaxia.

En Letra en Obras, ademais de facernos eco da nova, deixámosvos algunhas ligazóns para ampliar máis información sobre unha figura notable da cultura galega do século XX.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*