As feiras do libro: un paraugas cada vez máis pequeno fronte á “tormenta perfecta”

Un pequeno paraugas conformado por oito librarías, catro editoras e tres casetas institucionais posibilita a XXXI Feira do Libro de Santiago. A edición deste ano, tal e como aseguran dende a propia organización, é case de resistencia se a comparamos co anos atrás, especialmente na década dos 90, cando na Alameda de Compostela o número de casetas triplicaba ás actuais. O propio pregoeiro desta edición, o escritor e editor Víctor Freixanes, aseguraba que a celebración prodúcese nun momento no que o sector do libro vive unha “tormenta perfecta” que está a poñer contra as cordas ao sector do libro.

A Feira do Libro de Santiago,que comezou esta fin de semana, permanecerá na Alameda ata o vindeiro domingo 6 de maio. O director da feira, o libreiro Xosé Antón Pedreira, salientaba en Radio Obradoiro que o apoio económico, tanto da Xunta como do Concello de Santiago, é menor que en citas anteriores o que obriga a que os libreiros “teñamos que facer un esforzo, tanto económico como humano, moito maior”.

A cita santiaguesa chega despois da de Ferrol, na que participaron nove librarías. A organización do evento ferrolán fixo un balance “moi positivo” xa que medrou o nivel de vendas con respecto á edición anterior.

En colaboración coa Consellaría de Cultura, a Federación de Libreiros ten previsto organizar ata o mes de agosto outras cinco feiras: Lugo (do 15 ao 20 de maio); Ourense (do 1 ao 6 de xuño); Vigo (do 29 de xuño ao 8 de xullo); A Coruña (do 1 ao 10 de agosto); e Viveiro (do 13 ao 16 de agosto)

Deixámosche aquí a programación da Feira do Libro de Santiago para esta semana:

Luns 30 de abril
-18.30 horas: Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso presentará o seu programa Festiletras e ao remate actuarán o Cultura activa e a cantante Alba Costa.
-19.00 horas: o escritor Xosé Neira Vilas presentará “100 anos do himno de Galicia”.
-20.00 horas: O xornalista Marcos S. Pérez, acompañado de varios autores presentará o libro “A praza é nosa. Quen constrúe a democracia?”.
-21.15 horas: sorteo dun lote de libros.

Martes 1 de maio
-18.00 horas: actividades para as crianzas.
-19.00 horas: presentación dos libros “Medievalario” de Fran Zabaleta y “Mi padre comía botones” de Juan Sacha Full.
-20.00 horas: Mesa redonda, Segredos da novela histórica, con Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta.
-21.15 horas: sorteo dun lote de libros.

Mércores 2 de maio

-19 horas: Mario Regueira presenta o libro de poemas “O silencio”
-20.00 horas: presentación do libro “Dark Batterfly”, de Rexina Vega.
-21:15 horas: sorteo dun lote de libros.

Xoves 3 de maio
-18.00 horas: actividades infantís.
-19.00 horas: o político e escritor Martiño Noriega presentará “Por un común denominadores. A esquerda da nación”.
-20.00 horas: terá lugar a presentación dos libros Ruído de fondo, de Daniel Salgado, e “Os fillos do mar” de Pedro Feijóo.
-21.15 horas: sorteo dun lote de libros.

Venres 4 de maio

-17.30 horas: actividades infantís.
-19.00 horas: presentación do libro “Herdeiros pola forza” de Xurxo Ayán e Manuel Gago.
-20.00 horas: presentación do libro “Un pozo moi fondo” de José Luís Iglesias Díaz.
-21.15 horas: sorteo dun lote de libros.

Sábado 5 de maio
-12.30 horas: presentación da colección Cociña infantil e familiar.
-19.00 horas: presentación do libro “Transmuta” de Xavier Cordal.
-20.00 horas: Anxo Angueira presentará o libro “Iria”.
-21.15 horas: sorteo dun lote de libros.

Domingo 6 de maio

-18.00 horas: presentación do álbum O principiño, de Paula Carballeira.
-21.15 horas: sorteo dun lote de libros.
-21.30 horas: peche da Feira do Libro.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*