O caoboi libertario non ten gheada

Un artigo de Paco Macías

Nunha novela que Edicións Positivas vai publicar proximamente, e titulada O CAOBOI LIBERTARIO, hai unha escena na que o protagonista é identificado por un delator ante a guarda civil como un individuo que non tía gheada. E non a tía porque era do Bierzo, de Lago, eí ao lado das Médulas. Eiquí a gheada só servía para adscribir xeograficamente a unha persoa. Para un fuxido, para un do monte iso non era pexorativo. Non o necesitaba. Peor xa era imposible. Cuando te ían matar o de se tías gheada era un asunto que pouco importaba. Aos da gheada tíanos por unha panda de inorantes

Paco Macías

Pasaron muitos anos e a opinión sobre a gheada non cambiou moito. Agora ten un inimigo teimudo e eficaz. Non, non é a televisión, que tamén, éo o ensino. Nas escolas galegas, nos libros de texto das editoras, os profesores, consideran a gheada unha anomalía. Prescríbena. Prohíbena, cal censores televisivos.

Ao caoboi libertario non sabemos se o mataron, pero á gheada téntano, e cos mesmos argumentos os ductos conseguen eliminar a gheada, e con ela a fala. É o que ten seguir os ditados da letra escrita, ese imperio latinizante.

2 Comentarios

  1. Señor Macías, tena vostede collida co mundo do ensino. Aproveita o máis mínimo para falar dese desastre chamado ensino galego, que, por outra parte eu tamén estou dacordo con vostede. Pero podía deixalos un pouco en paz, pois doc ontarrio vólvese vostede un algo previsible.

  2. Pois, Pepe, non che falta razón. Sucede que teño un neno pequeno e como traballamos xuntos nos seus libros de texto vin que a censura contra a gheada era absoluta; é por iso que me amola que se lle dea importancia, que a ten, á prohibición da gheada na TVG e non no ensino.
    Pero como o silencio sobre os nefastos libros de ensino semella case total (agás excepcións honestas como as do crítico Manuel Rodríguez) daquela haberá que teimar de cando en vez. Pero prometo que será, aquí, moi de cando en vez.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*