Noia lembra a Avilés de Taramancos cunha nova edición do premio que leva o seu nome

Monumento en lembranza de Avilés de Taramancos

En 2012 cúmprense 20 anos do pasamento do gran escritor noiés Antón Avilés de Taramancos. Dende hai nove anos, na súa terra reivindican a súa figura cun certame literario de relato de aventuras. A esta novena edición, que convoca o Concello de Noia,  poderán concorrer obras en galego cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres.

Se te queres animar tes aínda de prazo ata o 30 de abril. O premio está dotado con 3.000 euros, a publicación da obra galardoada e unha escultura conmemorativa do artista local Alfonso Costa.

Podes ver aquí a bases íntegras

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*