Nas redes sociais, as Letras tamén están en Obras

Van aló case dez meses dende que Letra en Obras botara a andar. O reto era, e é, abrir unha fiestra máis para a nosa literatura, especialmente a máis nova, a que menos espazo ten para dialogar nos medios tradicionais. O proxecto naceu con toda a modestia, sen máis gasolina que a ilusión de dar unha ollada a esoutra literatura que se coce polo noso país.

Os amigos de Letra en Obras medran nas redes sociais. Xa sodes case 800 no Facebook e máis de 250 no Twitter. Eis outra forma de ver os contidos que se xeran na nosa revista dixital e ligazóns diversas que chegan dende outras fontes, tamén as vosas.

Se queres sumarte a este intercambio de información e ideas, aquí estamos:

Facebook  de Letra en Obras

Twitter de Letra en Obras

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*