Como lle chamamos ás palabras que non están domesticadas?

Cando falta pouco máis dun mes para que peche o prazo de recollida de poesías para o libro colectivo, dende Letra en Obras queremos celebrar a alta participación que está a rexistrar a iniciativa. Mais non todo son parabéns para os nostálxicos do cheiro a xente que seguen conservando as letras, aínda as que manchan mais as que virtuais aparecen en mapa de bits.

Non estamos a rexistrar propostas para o nome do poemario e queremos animarvos a que usedes o apartado de comentarios desta propia noticia para facer as vosas propostas. Aproveitamos esta entrada para lembrarvos que estamos a falar dun libro de poesía no que podedes partidipar tod@s os que teñades a ben enviarnos un grupo de poemas de entre os que nos elixiremos un máximo de tres.

Lembramos abaixo as bases iniciais que só variaron na ampliación de un mes (agora ata o 31 de marzo) que decidimos acometer para procurar unha metástase na grande vaga de envío de textos que experimentamos nas últimas semanas, loxicamente coincidindo co vencemento do primeiro prazo.

Bases.

5 Comentarios

  1. Aí vai a miña proposta para o título: “Cartafol de epiderme nova”.
    Saúdos, apertas e parabéns por este tipo de iniciativas!

  2. Eu vou facer una proposta que se me ocurreu esta mañá mentras escoitaba a radio, indo para o traballo: “Versos curativos para un tempo sen sorrisos”.
    ¡parabéns pola iniciativa e moito animo!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*