كاليفورنيا اللعنة

Un artigo de Xurxo Chapela

Acabo de disfrutar o segundo episodio da quinta tempada de Californication e quérolle dedicar este artigo a esa xente á que a caspa non lle deixa ver o cine, aos que non apartan ben dos Cahiers du Cinéma (“See you later, alligator”), aos que apretan as cachas da risa con diálogos como este do gran Charlie Runkle (e Runkle é grande porque fai que Californication sexa unha serie boa -e, ás veces, moi boa-, boa/moi boa non pola historia que conta, nin polo seu protagonista chinaskino, senón por uns diálogos afiados na moa do humor, que son os que constrúen o carácter dos personaxes, que son os que fan boa á serie, que é a que… ):

“-… cando os pelos da cona eran longos e as tetas eran de verdade. Cando as mozas eran máxicas criaturas que non ían aos caixeiros automáticos.

-Que?

– Cu a boca.

-Iso é noxento. Ao mesmo tempo que curioso”.

Xurxo Chapela

Este artigo vai para os que non só non gostan de, senón que non teñen reparo (nin respecto por si mesmos) en afirmar que: son unha merda series de televisión como Mad Men, Os Soprano ou The wire, por citar tres clásicos do relato audiovisual do noso tempo. Dedícolle este artigo aos que van a Cineuropa e quedan aos títulos de crédito de Hana-Bi e de O espello1. Aos que lles preguntas a hora e dinche que as sete e cuarto cando remataron todos os (nove) minutos do plano secuencia de arranque ou travelling lateral de Sacrificio.

Non me dedico este artículo a min, que outro día púxenme a ver O cabalo de Turín e decateime de que as miñas lentes non tiñan tanta pasta.

1Hana-Bi é O espello, filmes xaponés e iraniano. Os seus títulos de crédito son kanji (caracteres, sinogramas), na obra de Kitano, e seguen o abyad (sistema de escritura árabe), na obra de Jafar Panahi. Así que imaxinade que esmendrelle eu no Principal cando uns nativos (de pel branca galega, coloretes Calidade e ollos perfectamente redondos) me chistaron por erguerme tan pronto remataron as referidas películas, mentres eles ficaban pampos na butaca con cara de saber leer en versión orixinal e sen pesteñexar o Corán ou o Man’yōshū, algo moi normal en Compostela, onde o máis parvo fala árabe e xaponés na casa.

Para saber máis do autor

Compartir
Artigo anteriorAlbert Tortajada
Seguinte artigoPremios

2 Comentarios

  1. A min de Takeshi Kitano a que máis me gustou foi a primeira, “Violent Cop” (non lle sei dicir o título orixinal xaponés). Desde que o home tivo un accidente de moto a mediados dos noventa (deu contra un pau de teléfonos; tres ou catro meses no hospital), virou contemplativo, deixou a movida nocturna e empezou a filmar coa cámara parada.
    Eu, no asunto das series de TV, sonlle da outra banda: The Walking Dead. E prudente: nin loubo nin desprezo. Hoxe case todo é morno, nin para tanto nin para tan pouco. Pero tampouco imos facer coas cousas mornas aquilo que dicía Bill o Carniceiro en Gangs of New York: cuspilas.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*