Poesía última de amor e enfermidade de Fantoches Baj

Paco Macías
Un artigo de Paco Macías.

Co título de Poesía Útima de LP, Fantoches Baj montou un espectáculo baseado na poesía de Lois Pereiro.

Escriben, os fantoches, na presentación do espectáculo:

“Poesía Útima de LP é un espectáculo de teatro de obxectos con música en directo baseado en textos do poeta Lois Pereiro. A partir dos seus poemas, e mediante o recurso explorado polo propio Lois de converterse en narrador de si mesmo, relátanse en primeira e terceira persoa os dous últimos anos da súa vida.

A posta en escena é simple e innovadora. As letras que conforman o título do espectáculo van construíndo palabras que nomean os espazos, obxectos e sentimentos que acompañaron a Lois e as súas relacións e amizades, personaxes que se materializan baixo a forma das iniciais dos seus nomes.”

Os que vimos esta montaxe quedamos marabillados coa lucidez da mesma, co profundo coñecemento da poesía de Lois Pereiro, e da persoa, coa proposta “distinta”, coa beleza das imaxes acompañando á rotundidade dos textos…

E, sen desmerecer ninguén, é para nosoutros esta Poesía Última de L.P. o máis fermoso que vimos este ano de todo o relacionado con Lois Pereiro.

4 Comentarios

  1. Coincido hoxe tamén con este Paco Macías. Eu tamén vin este espectáculo no Ultramarinos de Santiago. E sorpréndeme o descoñecemento que sobre el teñen os xornalistas, os “estudiosos” de Lois, os congresos realizados, e outros moitos mundos bastante reducidos e reducionistas.
    O caso é que a min tamén me marabillou o traballo realizado por estes fantoches.

  2. Señor Macías,vostede que foi editor en vida de Pereiro, algún día terá que falar nun artigo de todos os fastos que se organizaron o ano pasado.

  3. Tou dacordo con Lula, o Macías debería dicir algo máis do que di neste artigo. Aínda que aquí xa di cousas. Haberá que agardar.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*