“Adoito levar un libro comigo para os momentos de soidade”

Adriana Viz Fernández

Adriana Viz Fernández ten 22 anos e estuda o último curso de Dereito dacabalo entre Santiago e Castelló, grazas ao programa de mobilidade Sicue. Ademais, é a Sª Xeral das Xuventudes Socialistas de Lalín e foi candidata á alcaldía de Dozón polo PsdeG PSOE nas eleccións municipais do pasado maio.

Que libro andas a ler ou cal foi o último que leches?
Sempre teño dous o tres que vou lendo según o momento. A semana pasada rematei Anatomía del miedo, de José Antonio Marina, e agora mesmo estou con El elogio de la sombra, de Tanizaki, e A esforzada conquista da autonomía, de Ceferino Díaz.

Cal é o xénero literario que máis frecuentas?
Normalmente decántome por novelas ou ensaios.

Que vas a buscar a un libro?
Que me sirva para aprender, para descubrir mundos novos, ou unha historia que me evada da vida real.

Cal é para ti a hora máis recurrente para adicarlle tempo á lectura? Por que?
Encántame ler cando viaxo, en trens, avións, autobuses… Adoito levar sempre un libro comigo para os momentos de soidade. Pero se a historia ou o libro me atrae, calquera hora é boa.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*