Xurxo Martínez

Xurxo González

Xurxo Martínez González naceu en Coia (Vigo) no ano 1984. É licenciado en Filoloxía Galega e prepara a súa tese de doutoramento sobre “La Oliva (1856-1857)”. Ten publicado diferentes artigos en revistas como A Trabe de Ouro, Grial, Arraianos… Colaborou nos xornais Vieiros.com, A Peneira ou Altermundo e actualmente publica en Galicia Confidencial e n´A Voz de Vilalba. É autor dos libros “Fuco Gómez” (AGER, 2007) e de “Luís Soto Fernández. A xeira pola unidade galega” (Xerais, 2011). A súa primeira publicación literaria foi na obra conxunta “Obra en letras” cun relato titulado “A humillación da inocencia”.

5 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*