“Sempre intento identificarme cos protagonistas dos libros que leo”

Kike Diz Villaverde

Enrique Diz Villaverde é natural de Vilagarcia de Arousa e ten 25 anos. Estudou Administración e Dirección de empresas na USC e actualmente estuda un Master e un postgrao en finanzas. Defínese como afeccionado ao deporte, o cinema e a lectura.

Que libro andas a ler?
Estou lendo o ultimo libro do meu autor favorito. Riña de Gatos, de Eduardo Mendoza. Premio Planeta 2011.

Cal é o xénero literario que máis frecuentas?
O meu xenero literario preferido sería unha novela que teña tintes policíacas e un pouco de comedia negra. Aínda así, gustanme outros xéneros e sobre todo intento variar o máis posible. Os meus autores favoritos son Eduardo Mendoza e Edgar Allan Poe.

Que buscas nun libro?
Se é un libro de carácter didáctico busco que sexa útil. En cambio se leo un libro por ocio, busco que sexa entretido e que me resulte interesante a historia. Sempre intento identificarme cos protagonistas dos libros, polo tanto se a historia principal non me convence normalmente perdo o interese rápido.

Cal é para ti a hora máis frecuente para adicarlle tempo á lectura?
Salvo casos excepcionais, leo polas noites antes de quedarme durmido. Para min, ler é algo moi relaxante e axudame a conciliar o sono. Tamén leo a esa hora porque é a hora do día á que adico a ese tipo de ocio; ben sexa ver unha película, unha serie ou ler un libro.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*