Ramón Vilar

Ramón Vilar

Nacín en Rodís, a pouco máis de 400 metros de altura sobre o nivel do mar. Aínda así lembro que nos chamaban, aínda nolo din, da Montaña. O primeiro libro que tiven comproumo meu pai no máis parecido que había na zona a unha libraría. Entre sacos de abono, colonias e tebeos de Mortadelo e Filemón, emerxeu o Robinson Crusoe de Daniel Defoe. Creo que aquel decembro nevara.

3 Comentarios

  1. […] Ramón Vilar Landeira leva a maior parte da súa vida laboral vinculado ao mundo do xornalismo e alén de traballar nas redaccións de La Voz de Galicia e Faro de Vigo dirixiu o diario dixital Vieiros. Na actualidade coordina proxectos relacionados coa comunicación, a cultura e o mundo educativo. Na súa traxectoria como escritor obtivo diversos premios literarios, malia que ‘Os televisores estránicos’ é a primeira obra súa que chega ás librarías. Ramón Vilar é ademais membro fundador de Letra en Obras. […]

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*