“Nun libro de ficción busco entretemento”

Alberte García Amarante ten 27 anos e está a rematar a Enxeñería en Telecomunicacións na Universidade de Vigo.

Alberte García Amarante

1. Que esperas dun libro de ficción cando o abres?
Nun libro de ficción o que espero, principalmente, é entretemento e pasalo ben mentres o leo.

2. Que papel cumpriu ao literatura na túa vida dende que comezaches a consumila?
A literatura cumpriu principalmente un papel de pasatempo. Tamén sen darte apenas conta serve de aprendizaxe e de apertura de mente a outras realidades e a outros mundos.

3. Que función debe ter a literatura nun país coma Galiza?
Penso que a literatura ten que servir como instrumento de difusión da cultura, da sociedade e, por suposto, da lingua galega.

4. Fálanos de algunhas obras que te marcaran, e explica brevemente o por qué de cada unha.
O primeiro libro que me marcou foi un de Vazquez-Figueroa chamado «Piratas». Marcoume quizais porque foi o primeiro libro que me enganchou de tal maneira que o acabei dunha sentada. Outro do que tamén me lembro especialmente é «O oito» de Katherine Neville polo seu desenlace sorprendente.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*