Isabel G. Couso

Isabel G. Couso
Isabel G. Couso

Nacín en Bueu (O Morrazo) alá por 1980. De raizame mariñeira traizoei  a tradición familiar para poñer proa terra adentro e adicarme ao xornalismo. A conta desta bela e maltratada profesión, morei en Madrid,  Inglaterra, Noia, Lugo ou na propia Compostela, onde agora fico, non sei por canto tempo. Destas experiencias tirei, sobre todo, bos amigos.  E mesmo algúns pensan que a miña opinión pode ter cabida máis alá dunha taberna á quentura dos viños. Coa pel de impostora farei aquí uso desa licenza que me deron para “amar, odiar, aplaudir, trousar e disparar pólvora con letras”.

3 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*