Antonio Mira

Antonio Mira

Chámanme Antonio Mira e compartín planeta catro días con Vinícius de Moraes, chegando de cesarea na na Coruña (xa pontaba visos de traballar pouco). Licencieime en filoloxía galega na mesma cidade e logo viaxei ao sur para facer estudos artísticos en Coimbra e un mestrado en teatro na universidade do Algarve, procurando algo que non encontrei e que, de seguro, non era un traballo ben remunerado.

Teño demasiadas teimas e poucas delas conseguen ser mínimamente dignas. Só con dicir que a máis aceptable é o teatro! Inda por riba agora me deu por andar a falar con bechos… De todo o que vaia falando con eles, dareivos conta nestas liñas.

 

Compartir
Artigo anteriorLara Rozados
Seguinte artigoOs bechos

8 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*