A Coruña-Vigo, cidade única atlántica, na lembranza de Urbano Lugrís

As dúas cidades máis grandes do país irmándanse este sábado día 15 de decembro para homenaxear unha das maiores figuras da cultura galega do século XX: O pintor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, 1973). Esta ponte atlántica é posible grazas ao labor do colectivo cultural A Nave das Ideas que salienta a necesidade de “rachar localismos” e resaltar todo o que une ás dúas urbes.

Na Coruña o roteiro en memoria de Urbano comezará ás 20 horas nos Xardíns de Méndez Núñez, onde segundo a organización haberá “decoración de paraugas con motivos lugrisianos e comezo da manifestación atlántica”. A continuación na rúa da Mantalaría (calella na que tivo estudio o homenaxeado) haberá unha intervención pictórico-musical. Os actos na cidade herculina pecharanse cunha performance musical no café Borrazás e por último na Coiraza do Orzán chegará o “Manifesto en botella cara a Ribeira do Berbés”.

Na cidade irmá do sur, o sábado comezará cun roteiro (ás 11 horas) que partirá da Porta do Marco. Guiados por Carlos L. Bernárdez, os participantes na camiñata coñecerán o Vigo de Urbano. Ao remate desta actividade guindarase ao Atlántico “unha botella cunha mensaxe moi especial”. Ás 19 horas, no Museo Verbum, Carlos L. Bernárdez e Antón Patiño falarán sobre a figura de Urbano Lugrís. Tamén haberá a intervención artística de Amalgama, un concerto de hip hop da man de Aid e un recital coas poetas María Lado, Ledicia Costas e Lara do Ar.

Deixámosvos algún material que hai na rede sobre Urbano:

A Coruña que viviu Urbano Lugrís (nova do xornal dixital A Nosa Terra)

– –Lugrís, o pintor do mar (vídeo con algunhas obras do autor realizado pola biblioteca do CEIP Mestres Goldar)

Compartir
Artigo anteriorOs bechos
Seguinte artigoHenrique Mariño

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*