XV Premio de Poesía Johán Carballeira

Ata o 31 de decembro estás a tempo de mandar os teus orixinais ao XV Premio de Poesía Johán Carballeira, que organiza o Concello de Bueu.

O certame, consolidado como un referente dentro dos galardóns poéticos, require obras de polo menos 400 versos. O premio consiste en 1.500 euros en metálico e a publicación do libro.

Os autores que queiran participar deben enviar os traballos por triplicado, baixo lema e plica, ao Concello de Bueu (rúa Eduardo Vicentti, 8, 36930 Bueu).

Na última edición o premio foille outorgado ao poeta pontevedrés Carlos Solla Varela.

Podes consultar aquí as bases completas

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*