Tomen asento, chegan os primeiros aperitivos

Anunciabamos cambios en Letra en Obras e aquí vos presentamos hoxe os pratos de letras que estamos a cociñar nos fogóns. Na cociña técnica houbo problemas de última hora e os aperitivos chegan con algunhas horas de retraso. Mais non vos preocupedes veñen coas cualidade organolépticas intactas.

A primeira das novidades é a creación dunha sección de opinión. Cada mes, máis de 20 amigas e amigos vannos dar un pouco de osíxeno cos seus comentarios e reflexións sobre o mundo das letras e da cultura en xeral. A única indicación que teñen desta casa é que escriban con toda a liberdade.

Outro compromiso da nave de Letra en Obras é un maior actualización da revista dixital. Dende esta mesma semana aparecerán novas entrevistas con autores pero tamén con lectores, con eses outros protagonistas que debullan os libros e que os reiventan e procesan nas súas cabezas. Queremos saber o que lles gusta ler, o que recomendan, as obras que os marcaron, o que botan de menos…Para iso nacerá unha nova sección: a do Fotomatón.

Tampouco esquencemos un dos sinais de identidade de Letra en Obras: Dar a coñecer novas obras. O primeiro paso démolo en maio cando publicamos na rede un libro colectivo de relatos que xa superou as 1.500 descargas. No noso maxín andan novos proxectos tanto colectivos e…incluso algún individual. O primeiro é un libro de novos poetas (Ollo! non falamos de idade). Afiade os versos!

Na nova dinámica de traballo tamén intentaremos ter ao día seccións de tanto interese como é a de axenda.

Por último, queremos agradecer a toda a xente que bota unha man á hora dos deseños, dos contidos, de dar alento. Sen todas e todos eles, este proxecto simplemente non sería posible.

2 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*