Pista Libre: O día 28, levantamos o voo

Despois dun tempo de escala técnica, o avión de Letra en Obras volve despegar con sorpresas e novos tripulantes. O vindeiro luns 28 de novembro darémosvos conta do periplo programado.

Aínda que nos enfrontemos a condicións atmosféricas desfavorables (aí á volta está o inverno) prometemos manter firme o novo rumbo da nave.

A folla de ruta é a mesma: “Conseguir que Letra en Obras se convirta nun escaparate da nova literatura galega e que á vez abra as súas fiestras cara outras letras do mundo”.

Repetimos: Que a tripulación que se queira embarcar estea atenta. O luns 28 de novembro, cando dende a torre de control chegue o “pista libre, amigos” daremos novos datos

2 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*