XXIV Premio de Poesía Lorenzo Baleirón

A morte chamou demasiado cedo a un dos máis firmes valores da poesía dos 80. O concello natal de Eusebio Lorenzo Baleirón réndelle dende hai 24 anos homenaxe ao malogrado autor cun premio de poesía que, pese a non contar cunha dotación económica elevada, se converteu nun referente.

Ata o 13 de novembro pódense presentar poemarios a este certame. Os concursantes terán que enviar traballos inéditos e non premiados de entre 500 e 800 versos. É preciso enviar catro copias da obra nun sobre sen remite identifiador. As obras presentaranse cun título e un lema e un sobre engadido que conterá os datos persoais do autor ou autora (nome, enderezo, teléfono e copia do Documento de Identidade).

O xurado dará a coñecer a súa decisión o vindeiro 10 de decembro. A entrega do premio realizarase unha semana máis tarde na Casa da Cultura de Dodro. A obra galardoada será publicada na colección de poesía de Sotelo Blanco. A maiores o autor recibirá 2.300 euros en metálico.

As obras terán que remitirse a:

XXIV premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro
A Coruña

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*