Sete anos despois, a voz de Manuel María resoa con forza pola Terra Chá

Dende hai décadas o topónimo Terra Chá e o nome de Manuel María están xunguidos na nosa historia literaria. O finado autor de Outeiro de Rei é unha das voces máis importantes da poesía galega da segunda metade do século XX. Boa parte da súa obra ten como temática as xeografías e as xentes da súa comarca natal. O mesmo día que se cumpren sete anos do seu pasamento, o vindeiro xoves día 8 de setembro, a súa memoria vai percorrer con forza as terras chairegas cunha homenaxe que leva por nome “Memoria da Chaira Enteira”.

Os actos comezarán ás 14.30 cun xantar no Río Ladra de Rábade (os que se queiran apuntar á comida terán que chamar ao 646413890). Dúas horas máis tarde terá lugar un recital de poesía en Penas de Rodas. ÁS 18 horas os asistentes acudirán ao cemiterio de Outeiro de Rei, onde está enterrado o poeta. Os actos rematarán na Carballeira de Santa Isabel, onde haberá a música acompañará os versos de Manuel María nas voces de Miro Casabella, Antón Valcarce, Tino Baz e Mini e Mero.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*