Premio Pérez Parallé, unha canteira para as novas voces poéticas

Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para concursar no XXIV Premio Nacional de Xosé María Pérez Parallé. O galardón está dirixido para todas aquelas persoas, sen límites de idade, que aínda non teñen publicado ningún libro individual de poesía.

Os traballos terán que ter unha extensión mínima de 300 versos. O premio consiste na publicación (cunha tiraxe de 800 exemplares) na colección da editorial Espiral Maior.

Se che interesa participar, tes as bases completas deste certame na web da AELG

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*