Poetas neofalantes e paleofalantes andan a hostias por Vigo

O colectivo vigués A Hostia en Verso segue a convulsionar a cidade do sur. O vindeiro xoves organizan o primeiro combate entre poetas paleofalantes e neofalantes. A cita terá lugar no centro social Bou Eva (no número 11 da rúa Terzo de Fóra) o vindeiro xoves día 29 (entre as 20 e as 23 horas). Os poetas-púxiles que andarán a hostias líricas son: Daniel Landesa, Xabier Xil Xardón, Neves Soutelo, Nolim, Eduardo Estévez e Ledicia Costas. O combate será presentado por María Lado e Lucía Aldao. O árbitro non será outro que o Leo i Arremecághona!

A velada demostra a efervescencia na que anda a poesía do sur, que non para de buscar novos xeitos divertidos de chegar ao gran público. Este é o enésimo combate, antes xa se viron as caras os poetas pescos contra os da montaña, os guapos contra os feos, etc. Toda unha demostración de versos, música e moito humor.

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*