Letra en Obras: Outono con trebón de ideas

Co outono chegan as primeiras treboadas a Letra en Obras. Logo da calma do verán, agardamos un temporal de ideas. Cando xa se cumpriron catro meses de andaina chega a hora de facer balance e marcar novos horizontes. Queremos camiñar cara unha publicación máis participativa, conseguir que Letra en Obras se convirta nun escaparate da nova literatura galega e que á vez abra as súas fiestras cara outras letras do mundo. Eis o principal esforzo deste outono-inverno que xa principia a percorrer o país.

Queremos que Letra en Obras sexa un punto de encontro para creadores e lectores. Un espazo máis dinámico, con opinións plurais e textos literarios de novos autores que nos axuden a comprender o que está a acontecer no planeta das letras

Pero sobre todo, ao longo das vindeiras semanas gustaríanos contar coas túas suxerencias: Que botas en falta en Letra? Que farías ti? Contamos contigo.

Xa sabes onde estamos: contacto@letraenobras.com

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*