A importancia da Bibliodiversidade

Esta semana convocáronos a ceibar libros. Mais, recordade, ler e compartir é tarefa para todos os días.

Chamar a atención sobre a circulación dos libros como obxectos, como portadores de ideas, como bens culturais. É a idea que subliñan desde a Alianza Internacional de Editores Independentes coincidindo co que este 21 de setembro foi o Día Internacional da Bibliodiversidade.

Segundo explican, a Bibliodiversidade é a diversidade cultural aplicada ao mundo do libro e ten que ver coa necesidade de diversidade nas producións editoriais ofertadas aos lectores. Nesa liña, indican que se ben os grandes grupos editoriais contribúen a fornecer de ampla oferta aos lectores coa produción masiva de libros, é decisivo o papel que xogan os editores independentes para garantir esa “bibliodiversidade”. na procura dun escenario cultural rico e variado, que evite os excesos homoxeneizadores e favoreza a libre creación e difusión de novos valores e ideas.

Máis información na bitácora: El Dia B

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*