Xurxo Martínez

Xurxo MartínezNacer en Coia marca dende o berce. Este barrio de Vigo determina parte do meu ser na infancia e na mocidade. Determínao o ambiente social. Son de Coia e son neofalante dende os 17 anos. Dígoo con toda a fachenda do mundo: falo galego na cidade. Na miña casa ninguén falaba a nosa lingua. Nin tiven a referencia dos meus avós. Tampouco aldea até hai uns anos, cando me adoptaron en Vilachá (A Pobra do Brollón). Entón confluíu o urbano co rural, o neofalante co galego máis vivo e rico.

Fun estudande de ciencias puras até 1º de Bacharelato (quería ser físico) e no último ano paseime a letras puras e agora preparo o doutorado en Filoloxía Galega. Reviravoltas da vida.

Este relato é o primeiro que publico de creación literaria. Non dedico tempo á escribir neste eido. Cando me cadra, redacto. Acontece poucas veces.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*