Samuel L. París

Samuel L. ParisSamuel L. París nace no 1984 en Muros. Publica Manual da destrución no 2008 no netlabel A Regueifa, e en 2012 publica inflamable con Edicións Positivas. Licenciado con deshonra en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola sacrosanta UDC, unha vez rematada a súa etapa académica, pasa dous anos en Langangen (Noruega) traballando nunha pequena libraría-mercería e escribindo para dous xornais dos que nunca veu un peso.

Hoxe en día reside en Compostela, aínda que iso non importe en termos evolutivos. Membro do proxecto Tinta de Lura, blogueiro desde tempos inmemoriais, baixista da Terbutalina e defensa central sachador en paro biolóxico.

4 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*