Convocado o X Premio de Poesía Novacaixagalicia

A Fundación Novacaixagalicia e a delegación galega do PEN Clube convocan este premio dotado con 12.000 euros e que inclúe como requisito fundamental a cumprir polos participantes a presentación dunha obra cunha extensión mínima de seiscentos versos.

A data límite para a entrega das obras é o 31 de outubro de 2011 e estas deberanse entregar por quintuplicado no Departamento de Obra Social da entidade financeira, indicando no sobre que se trata dun texto candidatado para o X Premio de Poesía Novacaixagalicia. O fallo público está previsto para o mes de decembro deste mesmo ano.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*