Cristina Pavón

Cristina PavónCristina Pavón. Nada n’A Coruña (1962). Nada moito. Nadar non é facer nada.

Comeza escribindo letras de cancións e, fan de I.Calvino e Cortázar, pasa aos relatos curtos e escribe moreas deles. Igual no 2012 a Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo lle publica algún.

Fai incursións nun xénero por definir que podemos chamar PezaWeb ou CousaNet, do que se amosan algúns exemplos na sempre-patas-arriba web www.eyebag.es (na porta vermella, de chegares a ela, é onde máis contidos de texto-animado hai).

Estréase na narración longa – ben longa – cunha novela finalista no Xerais 2009 e no Garcia Barros 2010. Limiar de conciencia. De que vai a novela? Estean atentos as súas pantallas… Agora está a escribir outra, pero tense prohibido falar dela. Xa ves.

A través de Letra en Obras publicou o relato ‘A braga fantástica’, premiado no ano 2008 co Premio de relato curto Liceo de Noia.

3 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*