David Pobra

David PobraPremiado no certame Gzcrea 2008 polo libro Poesía primeira de amor desamor e arrefriado, é o gañador no 2009 do certame Xuventude Crea polo libro Poesía segunda de amor desamor e sinusite. Ten outros tres libros de poemas inéditos (o segundo dos premiados tamén o é), unha novela curta moito máis inédita e algúns relatos ineditísimos (ben, menos o publicado en Letra en obras e algún máis que anda por aí esparexido). Pertence ao consello de redacción da revista Dorna (onde tamén publicou algún que outro poema) e á editorial alternativa Estaleiro Editora. Aspira a forrarse cos seus poemas.

Compartir
Artigo anteriorElena Veiga Rilo
Seguinte artigoMario Caneiro Ameneiros

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*