Convoca a Deputación da Coruña. Data: 1 de xullo de 2011.
Poderán optar ao premio Torrente Ballester todas aquelas persoas que non obtiveran o premio nas cinco edicións anteriores a esta, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas en castelán ou en galego.
Outorgarase un premio único e indivisible dotado con 25.000 €.
A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, reservándose durante dezaoito meses os dereitos de edición da mesma.
As bases completas no boletín da Deputación da Coruña.
A obra que gañou a anterior convocatoria foi unha novela de J.M.Guelbenzu, a nº 5 dunha serie protagonizada pola mesma personaxe, a xuíza Mariana de Marco.
O concurso é anónimo, e xa que logo temos que pensar ninguén do xurado lera ou escoitara antes cousa algunha verbo desta xuíza.
Curioso o que comenta Minho. Joder!!!