XX Certame Literario de Piñor

XX Certame Literario de PiñorConvocan as asociacións Música e Cultura de Galicia e Xoves Amigos do Concello. Data límite: 20 de maio de 2011.

1.- Establécense catro categorías, premiándose os dous mellores relatos en cada unha delas.

-Categoría A para participantes maiores de idade.
-Categoría B para participantes de 15 a 17 anos .
-Categoría C para participantes de 12 a 14 anos.
-Categoría D para participantes ata 11 anos.

Cada premio constará dun diploma, diversos agasallos e un lote de libros. Ademais entregaranse cheques ós gañadores por importe de 620 euros, repartidos do seguinte xeito: 1ºA: 200€; 2ªA: 120€; 1ºB: 100€; 2ºB: 60€; 1ºC: 60€; 2ºC: 30€; 1ºD: 30€; 2ºD: 20€.

2- Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos, escritos en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames. A súa extensión non poderá exceder de 10 folios, por unha soa cara e con interliñado de duplo espazo. A temática será libre. Os traballos deberán ser mecanografados, admitíndose tamén traballos manuscritos nas categorías C e D.

3.- Os traballos enviaranse por correo ordinario á sede social da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia (Barrio de Requeixo, 70. CP 32930. San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: PARA O XX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR. Xunto cos traballos, os participantes deberán envia-los seus datos nun sobre no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que se participa. Dentro del, figurará o nome e apelidos do autor, idade, enderezo, correo electrónico e número de teléfono. Os traballos tamén poderán enviarse mediante un correo electrónico a justocalvio@yahoo.es con dous arquivos Word contendo o primeiro deles, denominado “relato”, a obra a concurso; e o segundo, denominado “plica”, os datos persoais que se esixen do autor.

4.- O prazo de admisión pecharase o venres, 20 de maio de 2011, ás 19 h. O fallo do xurado será inapelable e a entrega dos premios terá lugar o domingo, 5 de xuño do 2011 ás 20:00 h., nun acto literario/musical que se celebrará no Teatro Principal de Ourense. Os galardóns poderán declararse desertos.

Máis información na web Musicabarbadas.com.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*