Vidal

VidalVidal nace en Lugo a finais do 79, clase obreira. Intenta traballar de todo un pouco (mozo de almacén, comercial, administrativo, peón na colocación de valados publicitarios…), con pouco ou ningún éxito. Mentres, resulta premiado en varios certames literarios de pouca sona, participa en volumes colectivos e publica en solitario A Balada Do Nudista Caviloso (Sotelo Blanco). Asina como Vidal porque lle atopa o seu aquel a ter sido o único neno de 3º a 8º de EXB do seu colexio ó que tódolos outros nenos chamaban así, por un apelido.

Compartir
Artigo anteriorAlberto Rodríguez
Seguinte artigoCelia Parra

15 Comentarios

  1. Carallo, lavesedo, non me decatara de que deixaras aí un comentario. Alédame que che gustara. Teño máis cousas, pero en fin, se sigues as novidades editoriais e o tipo de literatura que vén levando os máis dos premios literarios, non che resultará difícil entender por que non ando eu por aí.

  2. Onte, no blog de Jaureguizar apareceu isto:

    http://cabaretvoltaire.canalblog.com/archives/2011/11/14/22670216.html

    Eu non entendín por que dicía tal cousa. Sabido é que el sempre defendeu outro tipo de literatura, na que o que el chama “risco”, debe, por forza, evitarse.
    Enviei unha réplica, na que lle explicaba o que eu penso que ocorre coa literatura con “risco” hoxendía, que non foi publicado. Mandei logo outro, quitando o que creo que non lle gustou, pero de tódolos xeitos vou explicarme aquí:

    É relativamente sinxelo. Entendo que hoxe existe reticencia ó risco. Non sei con certeza por que. A explicación máis obvia, que din que adoita ser a atinada, di que as editoras galegas (as máis grandes, polo menos) son hoxe, logo dun “cambio de mentalidade”, axentes máis económicos ca culturais, e non van publicar algo que non lles dea unha rendibilidade mínima, en certos casos fixada por grupos externos. Se, ademais, os libros máis vendidos actualmente cínguense a un determinado modelo, vese moi claro que non hai oco para a creatividade ceiba, senón para algo máis mesurado, máis calculado, pero tamén máis baleiro. Lémbrame un pouco á diferencia entre o xogo do Barcelona e do Real Madrid, pero, como dixeron aqueles dous, disto falarei a vindeira semana.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*