Dous finalistas do Biblos entre os escritores de Letra en Obras

Premio BiblosOs escritores Iria Ameixeiras (Soesto, Zas 1990) e Andrés Carrasco Solla (Pontevedra, 1989) están entre a terna de finalistas que disputarán a sétima edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia. Trátase de dous dos escritores que participan no libro colectivo Letra en Obras e que comparten a súa condición de finalistas do galardón con Iria Morgade Valcárcel, de Poio. Deste xeito, Andrés Carrasco e Iria Ameixeiras únense á representación do Premio Biblos en Letra en Obras, constituída en principio pola gañadora da sexta edición, Elena Veiga Rilo.

Estes tres escritores deberán agora ultimar a novela para tela o máis avanzada posible ao remate do prazo, o 13 de xullo. Despois farase público o fallo na tradicional cea previa á celebración do Día da Patria. O xurado está formado por Tucho Calvo como representante da editorial, Elena Veiga Rilo, última vencedora, e Xabier P. Docampo, titor desta edición. Despois a persoa que resulte elixida gañadora terá uns meses para traballar con Xabier P. Docampo na elaboración definitiva dunha novela que deberá saír do prelo contra finais deste ano.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*