
Chámome Celia, nacín en Ourense no abril do 90; o mesmo día que, anos atrás, os caraveis selaban a boca dos rifles en Portugal. Comecei a escribir desde moi nova e rematei acadando varios premios poéticos, coma o Ánxel Casal, María Mariño ou Avelina Valladares, grazas ó cal publiquei o poemario No berce das mareas.
Puiden disfrutar de Compostela catro anos, durante os que me dediquei a estudar Comunicación Audiovisual polas mañás, recitar en bares polas tardes, e encherme de música e vida polas noites. Vivín un ano en Praga. Agora ando á procura da mestura perfecta entre sons, fotogramas e versos. Se consigo que saia algo comestible, xa vos darei a probar un anaco.
Y encima es mi amiga! 🙂
[…] Un artigo de Celia Parra […]
[…] Un artigo de Celia Parra […]
[…] Un artigo de Celia Parra […]
[…] Un artigo de Celia Parra Díaz […]
[…] Un texto de Celia Parra […]
[…] Un texto de Celia Parra Díaz […]