Alberto Rodríguez

Alberto RodríguezAlberto Rodríguez Díaz naceu en Ourense o 11 de agosto de 1982. Licenciado en Dereito pola
Universidade de Vigo, ingresou no Corpo de Xestión da Administración Civil do Estado obtendo
o número un da súa promoción. Actualmente traballa para a Dirección Xeral da Mariña
Mercante na Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa. Asemade, compaxina o seu traballo
coa labor de crítico cinematográfico na Radio Municipal de Allariz, no programa “Banda
Aparte” e no blog de cinema “Autofocus”. Por mor da súa afición ao cinema, ten participado
en diversas mesas redondas e cinefórums organizados pola Universidade de Vigo e por
Centros Socioculturais. Como escritor, debutou no ano 1999, con 16 anos, obtendo o IV
Premio literario Ánxel Casal, na modalidade de conto, organizado polo Concello de Santiago
de Compostela, coa obra “O pecado e a donicela”. Ao ano seguinte, 2000, gaña un accésit
no XVII Concurso de Contos para a mocidade da Casa da Xuventude de Ourense co texto
“Caeu a noite”. Este texto sería publicado na revista “Algália” no ano 2002. Ese mesmo ano,
conquire o 3º premio no IV Concurso de Contos Ultralixeiros de Chantada coa obra “Mátame
a melancolía”. No ano 2005 faise co 1º premio na modalidade de relato no concurso de relato,
poesía e tradución que convoca anualmente a Universidade de Vigo. A obra presentada
chámase “Os reinos da conciencia”. Despois de case catro anos de silenzo, o autor consigue
no ano 2009 o Premio Manuel-Oreste Rodríguez, organizado polo Concello de Paradela con
“Marcha Triunfal” e o Premio Ourense do XXVI Concurso de Contos para a mocidade da Casa
da Xuventude de Ourense co texto “Sombras para despois de Walpurgis”. No ano 2010,
Alberto obtivo un novo galardón, o accésit da XII Edición do Certame de Narración Curta Ánxel
Fole, organizado polo Concello de Lugo, co relato “O sangue que tinxe as rúas de Gotham”.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*